Evento: Unha vida viquinga

Unha vida viquinga
venres, 12 xullo, 2024 a domingo, 5 xaneiro, 2025
Cidade da Cultura,
Santiago de Compostela

Unha vida viquinga

A exposición internacional *Unha vida viquinga* é un dos proxectos máis destacados da programación da Cidade da Cultura para 2024. Comprende arredor de 120 pezas, das que un centenar proceden de fóra de España ...

A exposición internacional Unha vida viquinga é un dos proxectos máis destacados da programación da Cidade da Cultura para 2024. Comprende arredor de 120 pezas, das que un centenar proceden de fóra de España e pertencen a museos de historia e arqueoloxía de referencia en Europa arredor da cultura viquinga, entre eles catro museos nacionais e unha biblioteca nacional. Está comisariada pola doutora en Estudos Escandinavos pola Universidade de Aberdeen, investigadora e especialista na Idade Viquinga, Irene García Losquiño.
A través dunha gran diversidade e obxectos históricos e arqueolóxicos, a exposición afonda na cultura nórdica durante a Idade Viquinga (da segunda metade do s.VIII á segunda metade do s.XI) máis alá dos preconceptos e estereotipos da cultura popular sobre esta civilización, amosando por exemplo a participación das mulleres nas camapañas guerreiras e de exploración, ou poñendo a ollada na cultura viquinga máis alá de Escandinavia, na súa interacción con outros pobos e terras, tanto en intercambios violentos e conquistas, pero tamén a través de asentamentos ou do establecemento de relacións comerciais.
O relato da mostra estrutúrase arredor da vida dunha persoa na Idade Viquinga: desde o seu nacemento, infancia, xuventude e madurez, ata despois da súa morte, permitindo coñecer esta civilización desde unha perspectiva variada e moi humana, nun enfoque innovador que combina eventos de diferentes décadas e séculos dentro do límite temporal de “unha vida”.
 

Máis eventos de tipo Exposición

Salto cuántico
1 de abril a 2 de febreiro
Centro Galego de Arte Contemporánea
Outras historias posibles
28 de maio a 26 de xaneiro
Lugar de la Ciudad de la Cultura
XVIII Premio de Novela Casino de Santiago
2 de xullo a 30 de abril
Biblioteca Pública de Santiago Ánxel Casal
Ribadavia no seu patrimonio relixioso
23 de xullo a 20 de abril
Museo Etnolóxico de Ribadavia