Evento: Danza 3 | Cantigas e Agarimos

  • Espectáculo de música e baile tradicional Danza 3
Danza 3 | Cantigas e Agarimos
luns, 16 setembro, 2024 - 20:00
Praza do Emigrante,
O Carballiño

Danza 3 | Cantigas e Agarimos

Actuación de danza da agrupación Cantigas e Agarimos, dentro do programa de difusión do baile e música tradicional Danza 3

A agrupación de danza e música tradicional Cantigas e Agarimos sae ao encontro do público na Praza do Emigrante do Carballiño, para ofrecer un repertorio de pezas de danza galega recollidas en distintos lugares de Galicia e interpretadas polo seu grupo de bailadoras e bailadores.

A actuación enmárcase dentro da 12ª edición de Danza 3, promovida pola Xunta de Galicia en colaboración co colectivo XOC, integrado polas formacións Xacarandaina da Coruña, Ou Fiadeiro de Vigo e Cantigas e Agarimos de Santiago de Compostela, co obxectivo de difundir a música e o baile tradicional.

Esta nova edición percorrerá 18 localidades galegas ata o mes de setembro con outras tantas actuacións que, na maior parte dos casos, terán lugar ao aire libre para compartir coa cidadanía unha mostra do amplo repertorio das tres agrupacións participantes. A través desta colaboración, a Xunta recoñece o labor cotián deste colectivo a favor da investigación, recuperación, formación e difusión do folclore galego como parte indispensable do noso patrimonio inmaterial.

Máis eventos do ciclo Danza3

Danza 3 | O Fiadeiro
4 de agosto, 20:00
Xardín Umbría - Vilanova de Arousa - Pontevedra
Danza 3 | O Fiadeiro
11 de agosto, 13:30
Praza do Concello - Agolada - Pontevedra
Danza 3 | Cantigas e Agarimos
1 de setembro, 21:00
Casa da Cultura - O Valadouro - Lugo