Evento: Concerto

Concerto
sábado, 17 agosto, 2024 - 21:30
Rúa Compostela,
Tui
Espectáculo de Música a cargo de Fanfarria Taquikardia

Grupo de música extremo festeiro de repertorio taquicárdico, que vai das melodias balcánicas a coñecidas pezas da música clásica e do cine, pasando pola música tradicional galega e latina, aportandolle sempre o espírito necesario para o baile e a festa. 

 A banda está integrada por instrumentos de vento-metal e percusións varias. A formación principal a compoñen: trompeta, clarinete, saxo alto, saxo tenor, trompa, trombón, tuba, caixa re-adornada, timbais e bombo-platos. 

As influencias musicais son varias, comeza polas fanfarrias de europa do leste, os “Brass ensembles” de New Orleans, as charangas carnavalescas caribeñas e brasileiras, e a música tradicional galega.

Ninguén queda impasible e moito menos inmóbil co brutal espectáculo que ofrece este particular conxunto musical. Con eles un pode saber cando comeza a música e a festa pero non cando remata

Máis eventos do ciclo Cultura no Camiño

Animais artistas e outras cousiñas
2 de agosto, 11:00
CEIP Pío Cabanillas Gallas - Dozón - Pontevedra
Home orquestra
2 de agosto, 20:30
Vilar de Barrio - Vilar de Barrio - Ourense
Conto para escoitar mentres bailamos en vals
2 de agosto, 20:30
Praza do Concello - Mondoñedo - Lugo
Hoxe si!
2 de agosto, 20:30
Praza do Matadoiro - Allariz - Ourense