Evento: Tomás Barros Pardo (1922-1986). A doazón de Araceli e Tomás Barros Cao

  • Exposición sobre Tomás Barros no Museo de Belas Artes da Coruña
Tomás Barros Pardo (1922-1986). A doazón de Araceli e Tomás Barros Cao
xoves, 2 maio, 2024 a domingo, 15 setembro, 2024
Museo de Belas Artes,
A Coruña

Tomás Barros Pardo (1922-1986). A doazón de Araceli e Tomás Barros Cao

Presentación da doazón á Comunidade Autónoma de Galicia de obra deste autor

Exposición de produción propia.

A exposición presenta a doazón de 22 obras do artista Tomás Barros (Toledo 1922 - A Coruña 1986) realizada polos seus fillos, Tomás e Araceli Barros Cao, á Comunidade Autónoma de Galicia, que é custodiada no Museo de Belas Artes da Coruña, obras que amplían o coñecemento da súa faceta artística como pintor e gravador.

A doazón componse dunha colección de sete óleos, catro debuxos realizados en ceras de cores sobre papel, unha acuarela e dez estampas gravadas coa técnica da linografía.

A súa obra plástica está moi vinculada á creación intelectual que desenvolveu en disciplinas como o teatro, a poesía, o ensaio, os estudos de estética e de pensamento.

Tomás Barros tivo unha estreita vinculación co ambiente cultural da Coruña pola súa ampla tarefa docente ou polos seus vínculos con artistas e intelectuais galegos como Luís Seoane, Isaac Díaz Pardo ou Miguel González Garcés. En 1959 instálase na Coruña, onde desenvolve o seu proxecto plástico, froito da busca dun estilo persoal que se fundamenta na estética expresionista e cubista, cun claro contido social. 

Para ampliar o coñecemento sobre o autor e esta exposición, pódese acceder nesta ligazón.

Máis eventos de tipo Exposición

Homenaxe a Gustav Henningsen
20 de decembro a 29 de decembro
San Domingos de Bonaval s/n
O acibeche no mundo antigo. Unha aproximación dende o Castro de Viladonga.
9 de febreiro a 31 de decembro
Museo do Castro de Viladonga