Evento: De cando os animais cantaban

De cando os animais cantaban
sábado, 17 agosto, 2024 - 20:00
Centro Socio Cultural do Cádavo,
Baleira

De cando os animais cantaban

Espectáculo de Música a cargo de Tres Pesos

“De cando os animais cantaban” . Un traballo cheo de sentimento, rítmo e cor que amosa sen complexos a vitalidade e a contemporaneidade da nosa música de raíz. Toda unha reivindicación da música como necesidade vital do ser. Os doce temas que o compoñen son unha aposta por amosar a potencialidade de boa parte das mesturas tímbricas existentes na nosa tradición viaxando dende as melodías de gaita, clarinete e acordeón ata as inmensas posibilidades das percusións tradicionais e das nosas voces, tanto monódicas como polifónicas. Todo isto resulta nun directo potente, fresco e variado.

Felisa Segade, Xoan Porto e Pepe de Calo son o trio de ases, eles son Tres Pesos!!

Máis eventos do ciclo Cultura no Camiño

Concierto DOC MAGOO'S
17 de agosto, 00:45
Anfiteatro da Praia Fluvial de San Clodio - Ribas de Sil - Lugo
Concerto Con Fusión
17 de agosto, 12:00
Praza da Constitución - Fisterra - A Coruña
Pequeño cabaret infantil
17 de agosto, 12:30
Rúas da vila - Vilagarcía de Arousa - Pontevedra
De festa en festa
17 de agosto, 18:00
Xunqueira de Ambía - Xunqueira de Ambía - Ourense