Evento: As fames contadas

As fames contadas
martes, 23 xullo, 2024 - 20:30
Xardíns da Casa Grande de Viloira,
O Barco de Valdeorras

As fames contadas

Espectáculo de Teatro a cargo de Ángeles Goás

AS FAMES CONTADAS é un espectáculo de narración oral, composto por unha selección variada de contos propios e de tradición oral.

O tema central é a fame, incluíndo non só a fame de comer se non outro tipo de fames que tamén temos os seres humanos.

Comeza en torno á comida que se fai nunha casa para celebrar a festa. O feito de xuntarse á mesa provoca que se conten historias e sempre unas van levando a outras. Así van saíndo as fames:  de comer, de cariño, de aprender,  de cartos… fames que dunha maneira ou outra temos que saciar.

Toca a temática da emigración e a violencia de xénero.

Máis eventos do ciclo Cultura no Camiño

Contos para caghar patatillas
23 de xullo, 12:00
CEIP DE SAN COSME DE BARREIROS - Barreiros - Lugo
A viaxe feliz de Ramón Sanfiz
23 de xullo, 20:30
Rúa Alcalde Xacobe Barral - O Grove - Pontevedra
Crunch 2!
24 de xullo, 10:00
Instalacións deportivas Sotopenedo - San Cibrao das Viñas - Ourense
Crunch 2!
24 de xullo, 20:00
Praia de Barraña - Boiro - A Coruña