Evento: O comezo do mundo

O comezo do mundo
xoves, 29 agosto, 2024 - 20:00
Casa de Cultura,
Palas de Rei

O comezo do mundo

Espectáculo de Teatro a cargo de Sole Felloza

Monólogo creado a partir das historias recollidas durante a elaboración do material gráfico da Exposición Ao Pé do Lar.

Mentres cociñamos a lume manso, contamos historias. Dende ésta premisa Sole Felloza percorre o país, escoitando as mulleres.

As voces desas mulleres suben ao escenario para contar de tempos sin tempo.

Así falan as señoras Lola, Juana, Emérita, Palmira, Otilia, Erundina e tantas outras ao carón da lareira, ao redor da cociña de ferro. Nese altar da memoria que empeza nas súas mans e medra nos seus ollos.

Mulleres que sacaron adiante aos fillos cando o home marchaba ao mare o a emigración.

Outras que soñan e o que soñan faise realidade.

Algunhas curan con fieitos o que non curou o médico. Con palabras as feridas dos golpes.

Elas abriron a súa casa a ésta uruguaia que abre moito as orellas para aprenderlles ben da fermosa lingua na que constrúen o mundo.

Esta uruguaia á quen sempre preguntan: e ti por qué falas galego

E ela sempre responde:-e porque non?

Máis eventos do ciclo Cultura no Camiño

Travesía Unicornio
20 de agosto, 11:30
Casa da Cultura Manuel Lueiro Rey - O Grove - Pontevedra
Lúa quere viaxar a... Marte!
20 de agosto, 20:00
Parque Ansuña - Baños de Molgas - Ourense
Contos para caghar patatillas
21 de agosto, 20:00
Casa de Cultura - Palas de Rei - Lugo
Alleo
22 de agosto, 18:00
Campo da Feira - Carral - A Coruña