Evento: Unha maleta chea de libros
Unha maleta chea de libros
venres, 21 xuño, 2024 a sábado, 7 setembro, 2024
Biblioteca Pública de Santiago Ánxel Casal,
Santiago de Compostela Unha maleta chea de libros
Mostra bibliográfica infantil
Por fin chegaron as vacacións. Xa rematou o cole e temos por diante longos días de lecer nos que, como o resto do ano, queremos seguir ao teu carón. Con esta intención, preparamos unha selección de historias, moitas delas ambientadas no verán, para que metas na túa maleta, na mochila da praia ou leves contigo para ler onde che apeteza. Esperamos que as desfrutes e feliz verán!
Esta mostra pode visitarse na sala infantil do 21 de xuño ao 30 de agosto en horario de apertura da biblioteca.
Máis eventos de tipo Exposición
23 de novembro a 31 de outubro