Evento: Verán Criminal

Verán Criminal
venres, 14 xuño, 2024 a venres, 30 agosto, 2024
Avenida de Xoán XXIII,
Santiago de Compostela

Verán Criminal

A partir do 14 de xuño, coincidindo coa Selic e a súa sección Selic Criminal, mentres paseas polas instalacións da Biblioteca Pública Ánxel Casal irás atopando seleccións de documentos relacionados coa literatu...

A partir do 14 de xuño, coincidindo coa Selic e a súa sección Selic Criminal, mentres paseas polas instalacións da Biblioteca Pública Ánxel Casal irás atopando seleccións de documentos relacionados coa literatura criminal, o true crime, os cómics de intriga ou o thriller. 
Verán criminal divídese en 7 partes:
No andar baixo, na sección de Fondo local: Compostela Criminal, con obras que se desenvolven na nosa cidade e o Camiño; na Cómicteca: Cómic Criminal, unha selección de cómic de intriga de todas as procedencias.
No 2º andar, Mozos Criminal inclúe literatura xuvenil deste xénero; Galicia Criminal, literatura e audiovisual galego; Literatura Criminal xénero negro internacional e Cinema Criminal, cunha selección de cinema clásico e actual.
Por último, no 3º andar: Non ficción Criminal, unha selección de true crime e outros clásicos baseados en feitos reais.
Goza do teu paseo pola biblioteca e vai con moito ollo.

Máis eventos de tipo Exposición

Homenaxe a Gustav Henningsen
20 de decembro a 29 de decembro
San Domingos de Bonaval s/n
O acibeche no mundo antigo. Unha aproximación dende o Castro de Viladonga.
9 de febreiro a 31 de decembro
Museo do Castro de Viladonga