Evento: A cidade e as xentes. Lugo 1970-1975
A cidade e as xentes. Lugo 1970-1975
A Xunta de Galicia pon sempre en valor os fondos documentais que custodian os arquivos e as bibliotecas galegas. Neste caso, en colaboración co Arquivo Histórico Provincial, presentamos unha mostra que recolle unha parte dos fondos fotográficos que éste conserva e que permite amosar a evolución da cidade e da súa veciñanza.
As instantáneas pertencen ao fondo José Luis Vega, un fotográfo profesional con curiosidade, capacidade de observación e sentido da oportunidade para disparar a súa cámara no momento preciso tal e como recolle a nosa compañeira Carla Cociña Iglesias na presentación do catálogo.
A pretensión da exposición, segundo Manuel Cuba Rodríguez, non é facer unha análise pormenorizada de todo o que ocorreu en Lugo durante eses anos nin un relatorio ordenado cronoloxicamente senón evocar vivencias “daqueles marabillosos anos”.
Na parte esquerda desta fotografía podemos observar, por exemplo, o solar que hoxe ocupan o Arquivo Histórico Provincial e a Biblioteca Pública de Lugo e que nos primeiros anos da década dos 70 aínda constituía o Cemiterio Municipal da cidade.
Máis eventos de tipo Exposición