Evento: Atardecer no Gaiás- Mandale mecha

Atardecer no Gaiás- Mandale mecha
venres, 19 xullo, 2024 - 21:00
Lugar de la Ciudad de la Cultura,
Santiago de Compostela

Atardecer no Gaiás- Mandale mecha

Este 2024 o ciclo */Atardecer no Gaiás/* trae *16 concertos gratuítos, os xoves e venres entre o 4 de xullo e o 30 de agosto*, para gozar dos mellores solpores do verán en Compostela.  

Michu Méndez (AR), Chico Abreu e Gustavo Koshikumo (BR) forman Mandale Mecha, un tifón da tropical new wave que chega do Brasil para conquistar o planeta. Polifónicos e multiculturais, beben da electrónica, o jazz, o pop latino e incluso o rock. O seu poderoso himno feminista El Sol leva máis de medio millón de reproducións en Spotify e con Papi meteron ritmo á banda sonora das series españolas de Netflix Valeria e Las últimas de la fila.

Máis eventos de tipo Concerto

Son animal
14 de agosto
Anfiteatro da Praia Fluvial de San Clodio