Evento: Atardecer no Gaiás 2024-Naked Family

Atardecer no Gaiás 2024-Naked Family
venres, 12 xullo, 2024 - 21:00
Lugar de la Ciudad de la Cultura,
Santiago de Compostela

Atardecer no Gaiás 2024-Naked Family

Este 2024 o ciclo */Atardecer no Gaiás/* trae *16 concertos gratuítos, os xoves e venres entre o 4 de xullo e o 30 de agosto*, para gozar dos mellores solpores do verán en Compostela.  

O combo madrileño vén presentar o seu segundo álbum La Vuelta, unha ponte entre o pop-rock de antonte e o de pasado mañá. Naked Family son psicodelia melódica que viaxa desde o indie actual ata o britpop dos 90 sen deixar atrás a herdanza lisérxica de Iron Buttlerfly, Pink Floyd ou os Beach Boys. En directo, esta peculiar familia é quen de tocar calquera cousa que lles caia nas mans: sitar, sintetizadores, saxos, arpas e campás tubulares para hipnotizarnos.

Máis eventos de tipo Concerto

Música no Claustro 2024
1 de agosto a 7 de agosto
Home orquestra
2 de agosto
Vilar de Barrio