Evento: Real Filharmonía de Galicia-Estrelas Fantásticas

Real Filharmonía de Galicia-Estrelas Fantásticas
xoves, 3 outubro, 2024 - 20:30
Avenida do Burgo das Nacións,
Santiago de Compostela

Real Filharmonía de Galicia-Estrelas Fantásticas

Concerto enmarcado no programa de abono da Real Filharmonía de Galicia, titulado "Inconformistas".

Raquel García-Tomás é a compositora en residencia da presente temporada; a súa obra Las constelaciones que más brillan ofrece unha ollada luminosa ao cosmos, con sons agudos de estrelas e graves de nebulosas, e con Ravel como luz inspiradora. Szymanovski, o compositor polaco máis importante despois de Chopin, evoluciona desde o impresionismo ata a música de raíz popular alla maniera de Stravinski; un exemplo é o Concerto para violín núm. 2, de 1933, unha explosión de alegría a pesar da tristeza da súa vida persoal e política. Difícil foi tamén a vida de Berlioz, encarnación do ideal romántico, exaltado e temperamental, retratado na súa Sinfonía Fantástica. Escrita para unha enorme orquestra, impensable na época, transcorre como unha sucesión de movementos orquestrais biográficos: no cuarto movemento escóitase como a orquestra lle corta, directamente, a cabeza.
Baldur Brönnimann, directorAlena Baeva, violín
Raquel García-Tomás: Las constelaciones que más brillanKarol Szymanovski: Concerto para violín e orquestra núm. 2, op. 61Hector Berlioz: Sinfonía Fantástica, op. 14.
Coa participación do alumnado da EAEM.
Ademais:CONVERSANDO CON… Baldur BrönnimannSala Mozart, 19:45h
 

Máis eventos de tipo Concerto

Día Internacional da Música
21 de decembro
Museo Etnolóxico de Ribadavia
Hugo Guezeta
21 de decembro
Rúa de Mazarelos, 4
Ves como sabes?
22 de decembro
Auditorio Manuel María