Evento: Real Filharmonía de Galicia-Novas Voces Galegas

Real Filharmonía de Galicia-Novas Voces Galegas
xoves, 31 outubro, 2024 - 20:30
Avenida do Burgo das Nacións,
Santiago de Compostela

Real Filharmonía de Galicia-Novas Voces Galegas

Concerto enmarcado no programa de abono da Real Filharmonía de Galicia, titulado "Inconformistas".  

As sopranos Emilia Pérez e Lucía Iglesias e o barítono Lucas López protagonizan este serán lírico no que poderemos escoitar algúns fragmentos de óperas moi coñecidas. As vodas de Fígaro estreouse en 1786, co preceptivo “final vienés” imposto polo emperador, que prohibía presentar óperas tráxicas no seu Teatro Imperial. Máis liberdade creativa tivo Rossini, que en tres semanas compuxo O Barbeiro de Sevilla, baseada tamén na triloxía de Beaumarchais e, como era o seu costume, reutilizando música anterior. Dous meses despois da morte de Mozart, Cimarosa presenta en Viena O matrimonio secreto, cun éxito que non tivo na súa estrea a ópera rossiniana. O programa achégase ao século XIX cunha opereta, O morcego, que consagrou a Johann Strauss fillo, a pesar da súa posición política e da rotunda hostilidade do seu pai, con quen protagonizou unha das rivalidades máis soadas no mundo da música.
Diego Martin-Etxebarria, directorEmilia Pérez, sopranoLucía Iglesias, sopranoLucas López López, barítono
Ademais:CONVERSANDO CON… Diego Martin-EtxebarriaSala Mozart, 19:45h
 

Máis eventos de tipo Concerto

The Courettes
31 de outubro
Rúa do Preguntoiro, 35
Niños Mutantes
31 de outubro
Rúa de Concepción Arenal, 5
Andhrea & The Black Cats en concerto
31 de outubro
La Pecera