Evento: Dique

Dique
domingo, 23 xuño, 2024 - 18:00
Salón Teatro,
Santiago de Compostela

Dique

Poucas persoas saben que a obra de enxeñería hidráulica máis importante do século XIX en España foi escavada por mulleres. Entre 1874 e 1879 executouse a construción do Dique da Campá de Ferrol. Alí, un total de 200 mulleres retiraron 245.000 metros cúbicos de terra e pedras que transportaron en 58.000 cestos sobre as súas cabezas. Eran “as estibadoras”. E, polo mesmo traballo, cobraban menos ca os homes.

No 150 aniversario do inicio da súa construción, Nova Galega de Danza convidou a directora de escena Marta Pazos a realizar a súa homenaxe a aquela xesta. Dique pon en diálogo a danza contemporánea e a danza tradicional galega nunha conversa que reflicte a conexión entre o pasado e o presente. Un xogo de cores, texturas e contrastes sobe á escena para ofrecer un desafío visual único. A peza explora os límites da forza mentres o telúrico se apodera da escena. En Dique hai resistencia e esforzo, pero afloran, tamén, a delicadeza e o lixeiro.

Tradición e modernidade. Fortaleza e resiliencia. Sindicalismo e empoderamento. Solidariedade e comunidade. Celebración e renacemento. Toda unha chea de emocións e sentimentos conflúen en Dique para narrar a historia daquelas 200 mulleres silenciadas que hai 150 anos escavaron o Dique da Campá de Ferrol. Nova Galega de Danza pretende ofrecer un espazo de reflexión sobre esta historia, que o vindeiro venres 21 de xuño volverá á nosa memoria sobre as táboas do Salón Teatro do Centro Dramático Galego coa estrea absoluta de Dique.

Dique é un espectáculo coproducido pola compañía Nova Galega de Danza e a Xunta de Galicia, a través do Centro Coreográfico Galego.

 

FICHA ARTÍSTICA

Idea orixinal: Nova Galega de Danza

Dirección de escena e dramaturxia: Marta Pazos

Coreografía: Belén Martí Lluch

Deseño sonoro e composición musical: Clara Aguilar

Bailarinas: Nuria Alaña, Carmen Cebrián, Alba Cotelo, Estefanía Gómez, Alicia López, Laura Santamariña, María de Vicente e Inés Vieites

Axudante de coreografía: Ana Botía

Cover: Lúa Cárdenas

Construcción de pedras: Castells y Planas

Realización de vestiario: María Negreira

Dirección técnica: Cristina Bolívar

Dirección de produción: Ana Díez

Fotografía: Vanessa Rábade

Deseño de cartel e creatividade: Patricia Portela

Comunicación: The Office Comunicación

Máis eventos de tipo Espectáculo

4 Monos
8 de novembro
Biblioteca Pública de Santiago Ánxel Casal
Ruada en Mos
10 de novembro
Pazo de Mos
Recital poético de Lúa Mosquetera
15 de novembro
Biblioteca Pública de Santiago Ánxel Casal
Biblioteatro
7 de setembro a 29 de novembro
Biblioteca Pública de Pontevedra Antonio Odriozola