Evento: Danza 3 | Xacarandaina

  • Espectáculo de música e baile tradicional Danza 3
Danza 3 | Xacarandaina
venres, 26 xullo, 2024 - 20:00
Praza do Cruceiro - Olveiroa,
Dumbría

Danza 3 | Xacarandaina

Actuación musical da agrupación Xacarandaina, dentro do programa de difusión do baile e música tradicional Danza 3

A agrupación de danza e música tradicional Xacarandaina vaise encontrar co público Praza do Cruceiro de Olveiroa, en Dumbría, para ofrecer un repertorio de pezas tradicionais recollidas en distintos lugares de Galicia e interpretadas polo seu grupo de tocadores e tocadoras.

A actuación enmárcase dentro da 12ª edición de Danza 3, promovida pola Xunta de Galicia en colaboración co colectivo XOC, integrado polas formacións Xacarandaina da Coruña, O Fiadeiro de Vigo e Cantigas e Agarimos de Santiago de Compostela, co obxectivo de difundir a música e o baile tradicional.

Esta nova edición percorrerá 18 localidades galegas ata o mes de setembro con outras tantas actuacións que, na maior parte dos casos, terán lugar ao aire libre para compartir coa cidadanía unha mostra do amplo repertorio das tres agrupacións participantes. A través desta colaboración, a Xunta recoñece o labor cotián deste colectivo a favor da investigación, recuperación, formación e difusión do folclore galego como parte indispensable do noso patrimonio inmaterial.

Máis eventos do ciclo Danza3

Danza 3 | Cantigas e Agarimos
14 de xullo, 21:00
Alameda - Marín - Pontevedra
Danza 3 | Cantigas e Agarimos
14 de xullo, 21:00
Alameda - Marín - Pontevedra
Danza 3 | O Fiadeiro
4 de agosto, 20:00
Xardín Umbría - Vilanova de Arousa - Pontevedra
Danza 3 | O Fiadeiro
11 de agosto, 13:30
Praza do Concello - Agolada - Pontevedra