Evento: PLAN 10 + 1

PLAN 10 + 1
luns, 1 xullo, 2024 a venres, 30 agosto, 2024
Biblioteca Pública de Lugo,
Lugo

PLAN 10 + 1

ENSAIO DUN CLUB DE LECTURA

O verán é o momento de ter tempo para ler aquel libro que non puideches ler durante o curso. Este plan vai un pouco máis aló desa idea.

Ofrecemos varios títulos en exemplares múltiplos (10+1) para rapazas e rapaces de 11/12 anos en adiante.

Tes unha cuadrilla de amigas que van pasar o verán en Lugo?

A case todas/os vos gusta ler?

Que vos parecería ler o mesmo título e despois poñer as vosas conclusión en común? Xusto así é como funciona un club de lectura!!!

Unha persoa do grupo ten que facer de moderadora e tamén terá que ter lido o libro.

Unha forma diferente de ler que nos axuda a comprender as nosas lecturas de xeito diferente porque aporta a visión de cada un dos integrantes do grupo.

Máis eventos de tipo Outras actividades

Palestina
22 de marzo a 30 de setembro
Biblioteca Pública de Ourense
Unha pantasma percorre as bibliotecas
2 de setembro a 30 de setembro
Biblioteca Pública de Ourense
Curso de Filosofía 2024-2025
6 de setembro a 19 de outubro
Biblioteca Pública de Pontevedra Antonio Odriozola
Clubs de lectura
11 de setembro a 18 de setembro
Biblioteca Pública de Pontevedra Antonio Odriozola