Evento: Reto olímpico lector

Reto olímpico lector
luns, 15 xullo, 2024 a xoves, 15 agosto, 2024
Biblioteca Pública da Coruña Miguel González Garcés,
A Coruña

Reto olímpico lector

Mostra bibliográfica

Únete ao noso reto olímpico lector.

Serás quen de completar 5 disciplinas olímpicas? Colle folgos, escolle as túas lecturas e adiante!

Na sala infantil e xuvenil atoparás unha mostra bibliográfica de diferentes disciplinas olímpicas:

  • Triple salto de altura: triloxías ou sagas, con Ana Peleteiro a full!
  • Esgrima: sabías que existen esculturas de esgrimistas do século XVI antes de Cristo? Sumérxete na historia coas lecturas desta disciplina.
  • Taekwondo: a arte marcial con milleiros de seguidores en todo o mundo, igualiño que os manga.
  • Levantamento de pesas: Lydia Valentín era quen de levantar 225 quilos, poderás cos libros tochos?
  • Escalada: ser o máis veloz, escalar con precisión ou chegar ao máis alto, toda unha aventura, como as lecturas que vos propoñemos
  • Ximnasia rítmica: cinta, aro, pelota ou mazas, para crear coreografías fantásticas. A fantasía é un dos xéneros máis demandados.
  • Ciclismo en ruta: a bicicleta actualmente forma parte do noso día a día nas cidades. Estas historias reflexan a vida cotiá.
  • Skateboarding: un dos últimos deportes en incorporarse aos xogos olímpicos, como os cómics a novena arte, a última en incorporarse á listaxe das belas artes.
  • Medalla de ouro: o obxectivo de todos os deportistas, chegar ao máis alto do podium, ao igual os autores destas obras premiadas!

Achégate á sala infantil e xuvenil, escolle 1 libro de cada disciplina, completa a túa tarxeta con 5 disciplinas distintas e conseguirás o teu diploma olímpico.

Agardámoste!

Máis eventos de tipo Xornada/Congreso

Toponimízate 2024
30 de agosto
Salón de actos da Casa do Concello
Toponimízate 2024
6 de setembro
Casa da Cultura
Toponimízate 2024
13 de setembro
Casa da Cultura Castelao
Toponimízate 2024
20 de setembro
CPI Ramón Piñeiro