Evento: III Encontro Internacional de cestería no Camiño

  • Cestería no Cebreiro
III Encontro Internacional de cestería no Camiño
sábado, 6 xullo, 2024 a domingo, 7 xullo, 2024
Museo Etnográfico do Cebreiro,
Pedrafita do Cebreiro

III Encontro Internacional de cestería no Camiño

Actividade de verán

Tras o éxito das anteriores edicións, o Museo do Castro de Viladonga organiza un ano máis o Encontro de cestería no Conxunto Etnográfico das Pallozas do Cebreiro, un lugar idóneo cuxas técnicas de cestería foron e están a ser usadas no tradicional teitado de colmo. Ademais é a entrada en Galicia do Camiño de Santiago polo que peregrinos e público do Conxunto Etnográfico desfrutarán do bo facer das cesteiras e cesteiros, creando así un ambiente multicultural.

Haberá tamén unha exposición coas creacións das artesás e artesáns, que se recollen nunha pequena publicación que se pode ver no anexo.

A programación é a seguinte:

Sábado 6 de xullo: Mostra de cestería de 11.30 a 14.00 e de 16.00 a 20.00

Domingo 7 de xullo: Mesa redonda "Os vínculos creados pola cestería". De 11.00 a 13.30

As persoas participantes este ano son:

Antonio Luís Álvarez (Rexosende, Ourense)

Antonio Rodríguez Bernal (Rota, Cádiz)

Berta Bugallo (Guadalajara)

Carlos Fontales Ortiz (Segovia)

Mª Jesús Labrador (Lobeira, Ourense)

Esther Rodríguez Pérez (Gondomar, Pontevedra)

Isabel da Conceiçao Reis Sousa (Ourém, Portugal)

Juana Veiga Castro (Codeseda, Pontevedra)

José Carlos González Martínez (Oia, Pontevedra)

Lois Walpole (Reino Unido)

Lola Tourón Río (Portomarín, Lugo)

Luísa da Silva Seijas (Ares, A Coruña)

Máis eventos de tipo Xornada/Congreso

Toponimízate 2024
5 de xullo
Casa da Cultura
Toponimízate 2024
30 de agosto
Salón de actos da Casa do Concello
Toponimízate 2024
6 de setembro
Casa da Cultura
Toponimízate 2024
13 de setembro
Casa da Cultura Castelao