Evento: África literaria

África literaria
xoves, 27 xuño, 2024 a sábado, 31 agosto, 2024
Biblioteca Pública de Pontevedra Antonio Odriozola,
Pontevedra

África literaria

Exposición bibliográfica

Que é literatura africana, en que lingua ven escrita, que asuntos trata? Quen son os escritores africanos? Onde residen e de que cor é a súa pel?.

Abdelaziz Báraka Sakin, pregúntase se “dado que non existe idioma algún que podamos chamar ‘lingua africana’ senón milleiros de linguas locais, cabe preguntarse se a literatura africana é calquera que veña escrita nalgunha de elas”, Para terminar concluíndo que “as letras non poden adscribirse a ningunha nación ou pobo, senón que portan simplemente a identidade de cada autor”.

Con esta exposición tentamos achegar a África real e seus autores aos nosos usuarios xa que África pódenos ensinar moitas cousas.

Público destinatario: Xuvenil e adulto

Sala de exposicións, de luns a venres de 8:30 a 14.30

Máis eventos de tipo Exposición

Homenaxe a Gustav Henningsen
20 de decembro a 29 de decembro
San Domingos de Bonaval s/n
O acibeche no mundo antigo. Unha aproximación dende o Castro de Viladonga.
9 de febreiro a 31 de decembro
Museo do Castro de Viladonga