Evento: Cestería no Camiño

  • Cestería no Camiño, no Conxunto Etnográfico do Cebreiro
  • Antonio Luís Álvarez, cesteiro de Rexosende, Vilardevós (Ourense)
  • Seirões, de Isabel da Conceição Reis (Ourmém, Portugal)
  • Bolso da cesteira de Ares (A Coruña) Luísa da Silva Seijas
Cestería no Camiño
luns, 1 xullo, 2024 a luns, 30 setembro, 2024
Museo Etnográfico do Cebreiro,
Pedrafita do Cebreiro

Cestería no Camiño

Exposición cos traballos derivados do III Encontro Internacional de cestería no Camiño

Na procura dunha maior visibilidade a un oficio a piques de desaparecer, e que formou parte da vida cotiá de toda Galicia, o Museo do Castro de Viladonga ven de organizar o “III Encontro Internacional de Cestería no Camiño”, tras a grande aceptación dos encontros anteriores, e consolidando xa unha liña de encontro no Conxunto Etnográfico das Pallozas do Cebreiro con cesteiros e cesteiras de diferentes procedencias, creando un espazo no que comparten e difunden coñecementos ao mesmo tempo que mostrar os seus traballos ao numeroso público que visita este conxunto, entrada en Galicia do Camiño de Santiago.

Como complemento a este III Encontro preséntase unha mostra con pezas realizadas e cedidas polas persoas participantes, afondando nos numerosos e distintos materiais, técnicas, formas, deseños e usos das diferentes pezas realizadas.

Esta exposición permanece aberta na Palloza Museo os meses de xullo, agosto e setembro, en horario de apertura do museo.

O folleto completo pódese ver no documento anexo.

Máis eventos de tipo Exposición

Homenaxe a Gustav Henningsen
20 de decembro a 29 de decembro
San Domingos de Bonaval s/n
O acibeche no mundo antigo. Unha aproximación dende o Castro de Viladonga.
9 de febreiro a 31 de decembro
Museo do Castro de Viladonga