Evento: Cestería no Camiño
Cestería no Camiño
Na procura dunha maior visibilidade a un oficio a piques de desaparecer, e que formou parte da vida cotiá de toda Galicia, o Museo do Castro de Viladonga ven de organizar o “III Encontro Internacional de Cestería no Camiño”, tras a grande aceptación dos encontros anteriores, e consolidando xa unha liña de encontro no Conxunto Etnográfico das Pallozas do Cebreiro con cesteiros e cesteiras de diferentes procedencias, creando un espazo no que comparten e difunden coñecementos ao mesmo tempo que mostrar os seus traballos ao numeroso público que visita este conxunto, entrada en Galicia do Camiño de Santiago.
Como complemento a este III Encontro preséntase unha mostra con pezas realizadas e cedidas polas persoas participantes, afondando nos numerosos e distintos materiais, técnicas, formas, deseños e usos das diferentes pezas realizadas.
Esta exposición permanece aberta na Palloza Museo os meses de xullo, agosto e setembro, en horario de apertura do museo.
O folleto completo pódese ver no documento anexo.
Máis eventos de tipo Exposición