Evento: Santa Cristina in musica

Santa Cristina in musica
sábado, 21 setembro, 2024 - 19:00
Mosteiro de Santa Cristina de Ribas de Sil,
Parada de Sil

Santa Cristina in musica

Concerto de Jonathan Mayer, sitar

PROGRAMA
Os ragas de Tagore*

Raga Bhairav mañá (apracible)
Raga Purvi mediodía (místico)
Raga Desh tarde (alegre)

* Raga significa literalmente ‘modo’ ou ‘estado de ánimo’. Na música clásica da India o raga é un esquema melódico baseado nunha serie de notas (entre cinco e sete) e patróns rítmicos característicos, no que se establece un tema e unha improvisación.

* Rabindranath Tagore foi un poeta, filósofo, novelista, músico, pintor e dramaturgo nado en Calcuta (India) en 1861. En 1913 outorgóuselle o Premio Nobel de Literatura, polo que se converteu no primeiro escritor non europeo en recibilo. O seu libro de poemas e cancións Gitanjali foi clave para que se lle concedese. Os textos deste concerto pertencen a esa obra. Tagore compuxo infinidade de cancións. Na actualidade dúas delas son os himnos nacionais de Bangladés e India.

JONATHAN MAYER, sitar
Fillo do falecido compositor de Calcuta John Mayer, Jonathan comezou a súa formación musical á temperá idade de 5 anos estudando violín co seu avó Albert Hepton, piano con James Methuen-Campbell e composición co seu pai. Aos 16 anos comezou a estudar sitar co sitarista Clem Alford. En 1993, Jonathan empezou os estudos de composición e tamén de sitar con Andrew Downes no conservatorio de Birmingham, onde se licenciou. Despois, estudou mestría técnica con varios grandes mestres: Ustad Wajahat Khan, Senia veen-kar Gharana e Pandit Subroto Roy Chowdhury.

Como compositor, Jonathan ten escrito pezas para moitos xéneros, incluídos o jazz, a música india, a danza e a escritura sinfónica. As súas obras foron interpretadas e encargadas pola London Philharmonic Orchestra entre outras orquestras.

Jonathan actuou en numerosos países, incluídos Francia, Alemaña, Rusia, Emiratos Árabes Unidos, Estados Unidos, Australia, Bangladés, Sri Lanka e, por suposto, India. Tocou en diversas ocasións para a BBC no Reino Unido. Mayer é cofundador de First Hand Records e director artístico da produtora zerOclassikal.

Máis eventos de tipo Concerto

Noitinhas
4 de setembro
Avda. do Burgo das Nacións, s/n
María Faltri. Picadiscos
8 de setembro
Praza do Concello