Evento: Check out

Check out
venres, 13 setembro, 2024 - 19:00
Praza da Quintana,
Santiago de Compostela

Check out

Espectáculo producido por Adrián Conde Espectáculos

Unha comedia visual inspirada no cinema mudo.

A vida de Eugenio transcorre no vestíbulo dun hotel, entre maletas soña con deixarlle aos seus fillos un futuro mellor. Un botóns diferente que, entre equívocos, xogos de clown e moita diversión, descobre ao longo dunha xornada imprevista de traballo que non hai mellor futuro que vivir gozando o presente. Unha historia que convida a reflexionar sobre a importancia da familia e ao que lle dedicamos o tempo.

Premio Fetén 2024 a mellor intérprete e Premio Oh! a mellor espectáculo para a infancia.

Adrián Conde Espectáculos

A compañía xa leva máis de 20 anos de traxectoria fusionando a maxia e o clown, conseguindo espectáculos cun selo propio.
En 2021 a compañía dá un xiro radical á súa esencia e pasa a crear novos espectáculos co principal obxectivo de deixar unha mensaxe de reflexión ao público, onde se tratan temas tan importantes como a xestión das emocións, a resiliencia, a perda e a familia.

Os seus espectáculos foron representados en máis de 25 países, ademais de ser galardoados en varias ocasións tanto a nivel nacional como internacional.

Máis eventos de tipo Espectáculo

Carlos Crespo e Kris K DJ
9 de setembro
Rúa Salgado Moscoso
Os Mundos de Elisa
12 de setembro
Biblioteca Pública Municipal do Porriño
Habelas hainas.
13 de setembro
Biblioteca Pública Municipal de Pazos de Borbén
Encontros literarios
13 de setembro
Biblioteca Pública Municipal de Moeche