Evento: By ò Bu. Aproximación al no existir, de Yarleku e El Punto Gunea (NAV)

By ò Bu. Aproximación al no existir, de Yarleku e El Punto Gunea (NAV)
domingo, 15 setembro, 2024 - 21:00
Praza Conde de Fontao,
Foz

By ò Bu. Aproximación al no existir, de Yarleku e El Punto Gunea (NAV)

Un espectáculo producido por Yarleku-O Punto Gunea

Un espectáculo como unha boa escusa para falar de algo tan real como é o necesitar nalgún momento dunha vida, durmir para sempre.

By ò bu, aproximación ao non existir é un espectáculo que, a través do movemento, o trapecio e a palabra, expón a conversación entre as dúas partes dun mesmo ser. Este diálogo, enmárcase nun espazo que ben podería ser a súa propia cabeza, chea de equilibrios e portas ás súas reflexións. Unha conversación sobre a súa existencia e a opción de deixar de existir.

Yarleku-O Punto Gunea

Compañía xurdida en 2003 con afán de crear espectáculos de carácter socio-educativos, nos que axuntar a visión plástica do teatro e a transmisión de valores.

Pretenden mostrar ao público historias coas que se sinta involucrado ou identificado mentres presencia unha obra na que se tratan temas da vida cotiá de maneira educativa. A compañía evolucionou en diferentes facetas artísticas e creativas.

Máis eventos de tipo Espectáculo

Os Mundos de Elisa
12 de setembro
Biblioteca Pública Municipal do Porriño
Habelas hainas.
13 de setembro
Biblioteca Pública Municipal de Pazos de Borbén
Encontros literarios
13 de setembro
Biblioteca Pública Municipal de Moeche
Pequeno cabaret infantil
13 de setembro
Biblioteca Pública Municipal de Ponteceso