Evento: Construción e programación de robots
Construción e programación de robots
PRAZAS ESGOTADAS
O obxectivo da actividade é familiarizar aos participantes coas disciplinas STEAM, en concreto coa robótica, na resolución de problemas e na execución de proxectos para nenas e nenos entre 6 y 12 años, fomentando así o gusto e a curiosidade pola ciencia e a tecnoloxía.
A actividade consistirá en construír e programar por bloques un robot, empregándose unha metodoloxía activa na que os/as participantes resolverán un reto empregando o material facilitado.
Público infantil de 6 a 12 anos
Espazo de obradoiros da Biblioteca
Duración: 90 minutos
15 prazas
Inscrición previa a partir do 11 de novembro ás 9:00 a través do formulario da nosa páxina web. Recibe o aviso a través do boletín de novidades
As prazas asignaranse por rigorosa orde de inscrición. No caso de ser seleccionado/a a biblioteca poñerase en contacto con vostede uns días antes da actividade.
Máis eventos de tipo Obradoiro