Evento: Captación de voz en galego para o Proxecto Nós

Captación de voz en galego para o Proxecto Nós
martes, 29 outubro, 2024 - 10:00
Aula de Informática (Casa da Cultura, praza San Pedro s/n),
Muros

Captación de voz en galego para o Proxecto Nós

Impulsado pola Universidade de Santiago de Compostela e a Xunta de Galicia

O Proxecto Nós é un proxecto impulsado pola Universidade de Santiago de Compostela e a Xunta de Galicia que busca que todo tipo de dispositivos electrónicos poidan “entender” e “falar” a lingua galega e que calquera galego ou galega poida empregar con total normalidade a súa lingua, por exemplo, cando lle dá unha orde ao GPS do coche, cando fala cun asistente de voz -como SIRI ou ALEXA-, cando se xeran subtítulos de contidos audiovisuais de forma automática, cando lle quere ditar ao seu procesador de texto, cando pide unha cita no médico ou quere facer unha xestión no banco.

Para conseguilo é preciso facerse previamente cunha grande cantidade de texto e audio en lingua galega que permita un axeitado adestramento dos algoritmos do sistema. Para iso, o Proxecto Nós está a empregar dúas vías fundamentalmente: unha a través de captación de voces en liña nesta web e outra trasladándose fisicamente a diferentes concellos galegos para recoller a voz da veciñanza que desexe colaborar co proxecto en horario de 10:00 h a 14:00 e de 16:00 a 20:00 h. Anímate e doa!

Outras datas

Máis eventos de tipo Outras actividades

Palestina
22 de marzo a 31 de decembro
Biblioteca Pública de Ourense
Real Filharmonía de Galicia. Temporada 2024-25
3 de outubro a 29 de maio
Avenida do Burgo das Nacións
Visitas escolares
6 de novembro a 28 de maio
Biblioteca Pública de Pontevedra Antonio Odriozola
A ciencia en Galicia
7 de novembro a 30 de novembro
Biblioteca Pública de Ourense