Evento: ENSEMBLE LIBERDADE

ENSEMBLE LIBERDADE
xoves, 10 outubro, 2024 - 20:00
Casa Museo da Fundación Camilo José Cela,
Padrón

ENSEMBLE LIBERDADE

O ENSEMBLE LIBERDADE, formato reducido da Orquestra Galega de Liberación, presenta unha acción ad hoc no Museo Camilo José Cela, o 10 de outubro de 2024, ás 20:00

O ENSEMBLE LIBERDADE é o grupo de cámara composto por cuarteto de corda, trío de ventos e percusión, que nesta ocasión suma a voz de Rubén Fernández. Nace como formato reducido da Orquestra Galega de Liberación, para traballar como o formato lixeiro desta, podendo adaptarse así a outros espazos, programacións, colaboracións, produccións ou orzamentos. No ano 2024, é grupo residente no CGAC, Centro Galego de Arte Contemporáneo. Para esta acción, centrarémonos na figura de Cela, como elemento novo e disruptivo do concerto.

Xacobe Martínez Antelo, dirección

LAR Legido, batería e obxectos

Javier Pereiro, trompeta

Xosé Miguélez, saxo tenor e gaita galega

Diego Alonso, saxos tenor e soprano

Rubén Fernández, voz

Elena Vázquez, violín

María José Pámpano, viola

Macarena Montesinos, cello

Saúl Puga, contrabaixo

Máis eventos de tipo Concerto

Día Internacional da Música
21 de decembro
Museo Etnolóxico de Ribadavia
Hugo Guezeta
21 de decembro
Rúa de Mazarelos, 4
Ves como sabes?
22 de decembro
Auditorio Manuel María