Evento: Puccini
Puccini
puccini, opera, biopic
Elegante e ben executado biopic de época sobre o compositor Giacomo Puccini, con sabor a vetusto melodrama. O filme iníciase co proceso de creación da súa primeira encomenda para o teatro da Scala, en Milán, Edgar (1889). Tras este estrepitoso fracaso, logra remontar con Manon Lescaut (1893), o seu maior éxito, a partir do cal inicia un período de esplendor con obras como La bohème (1896), Tosca (1900) e Madame Butterfly (1904), que foi duramente recibida na súa estrea. A partir de aí a fita ofrece longas elipses para pasar por riba os anos menos produtivos do músico. Detense máis na que sería a última ópera da súa carreira, Turandot (1926), que deixa inacabada polo seu falecemento.
Ligazóns
Máis eventos do ciclo Fóra de serie: Amigos da ópera 2024
28 de novembro, 20:00
Filmoteca de Galicia - A Coruña - A Coruña