Evento: Peza do mes: Flora descritiva e ilustrada de Galicia
Peza do mes: Flora descritiva e ilustrada de Galicia
A presentación pública terá lugar o 13 de novembro ás 20:00 h, na sala de exposicións "Escolma de escultura", con entrada libre.
Como cada mes, o Museo escolle algunha peza de entre os seus fondos (neste caso, dos documentais) para ser tratada de xeito pormenorizado e darlle maior visibilidade, afondando no seu contexto e características, datas, filiacións, etc., e reforzar así o seu valor.
A publicación virtual sobre esta peza está dispoñible neste enlace do Museo Arqueolóxico de Ourense, onde se pode afondar sobre as súas características, cunha descrición pormenorizada, a reflexión sobre as súas funcionalidades, a súa clasificación, nun estudio a cargo, neste caso, de Vicente Rodríguez Gracia.
Máis eventos de tipo Xornada/Congreso