Evento: Castelao

Castelao
sábado, 29 marzo, 2025 - 18:00
Avenida do Burgo das Nacións,
Santiago de Compostela

Castelao

Queda pouco tempo antes de que Castelao e súa nai partan cara a Arxentina. E si, o neno Castelao anda a voltas por Rianxo, acompañado por Baltasara, que vive en todas partes e non ten casa ningunha, debuxando r...

Antes de marchar para Arxentina, Daniel desaparece. A nai non sabe onde buscalo. O neno Castelao pode estar xogando aos naufraxios cos barcos de cortiza, ou no camiño a ningures que lle amosara a súa avoa, ou subido no campanario a escoitar as historias da Santa Compaña, ou na Cova dos Carcamáns, á beira da dona encantada que sae peitearse de mañá cedo, ou escoitando profundar ao barbeiro de sábado, ou pintando as máscaras do Entroido. E si, o neno Castelao anda a voltas por Rianxo, acompañado por Baltasara, que vive en todas partes e non ten casa ningunha, debuxando retratos para levar canda si ao outro lado do océano. Nesa tarde, Daniel e Baltasara poñen a vila do revés coas súas falcatruadas, libres e felices, e o mar agarda.
Queda pouco tempo antes de que Castelao e súa nai partan cara a Arxentina.

 
Autora: Paula CarballeiraDirectora: Fina CallejaElenco: Mónica Camaño e Cris CollazoComposición musical: Ramón RaíndoProposta espazo escénico: Carlos Domínguez Del RíoDeseño de iluminación: Abrahán SandeDeseño de vestiario: La CanallaDeseño imaxe e material gráfico: Rocío Cibes, Víctor RivasProdución e distribución: Culturactiva S. Coop. Galega
Idade recomendada: > 6 anosDuración: 60 minLingua: galegoFoco Creadoras de escena
 

Máis eventos de tipo Espectáculo

Chungo que te cagas
2 de abril
Biblioteca Pública de Santiago Ánxel Casal
Carapuchiña
5 de abril
Biblioteca Pública de Santiago Ánxel Casal
Supercoroza: na eira e na lareira
12 de abril
Biblioteca Pública de Santiago Ánxel Casal
Mans
19 de abril
Biblioteca Pública de Santiago Ánxel Casal