Evento: Chungo que te cagas
Chungo que te cagas
Celebramos o Día do Libro Infantil e Xuvenil co espectáculo musical “Chungo que te cagas” da man de Peter Punk Pallaso. Primeiro espectáculo co que Peter Punk comeza a súa andaina como pallaso e no que se perfila a súa personalidade divertida e irreverente, que fará as delicias de cativas, cativos e maiores, creando un universo propio no que a liña de traballo é a diversión, o xogo e unha visión moi persoal do mundo. Mostrará a súa destreza (ou non) con elementos que van aparecendo da súa maleta: pelotas, un prato chinés, fachos de lume e o clásico tartazo reinventado ao máis puro estilo deste irreverente pallaso internacional. O seu particular "Chungo que te cagas!" é o "Máis difícil aínda!" do circo clásico. Este é o seu espectáculo máis universal e todo terreo.
No salón de actos. Para público familiar. A entrada é libre ata completar a capacidade da sala.
Máis eventos do ciclo Día do libro infantil e xuvenil


