Evento: Día da Ilustración adicado a José Vizoso
Día da Ilustración adicado a José Vizoso
- Exposición bibliográfica do 13 de xaneiro ao 22 de febreiro: Xosé Vizoso: a palabra debuxada no cotiá.
A obra multidisciplinar de Xosé Vizoso caracterízase por imprimir carácter propio ao deseño dos obxectos e láminas cos que traballa. Nesta pequena homenaxe expositiva queremos afondar na figura do mindoniense
Zona de exposicións da biblioteca.
Todos os públicos.
- Exposición bibliográfica do 7 de xaneiro ao 8 de febreiro: Ilustrando o inverno.
Encántannos do inverno : a montaña, a neve, levar gorros e calcetíns, gozar do sofá, a manta ou dun chocolate quente… e ler estupendos libros
Sala Infantil.
Público familiar.
- Obradoiro de banda deseñada.
Sábados de 12:30 a 13:50 h.
Programa semanal de aprendizaxe práctico e integral de banda deseñada.
Ensina, aproveitando os recursos existentes na biblioteca, e dun xeito práctico, as formas de expresión e as técnicas de traballo que implica a publicación dun cómic. Este obradoiro desenvólvese en sesión semanais dunha hora e media todos os sábados do curso escolar.
Impartido por María Vilar.
Para nenas e nenos maiores de 6 anos. Sala multiusos (2º andar)
Sábados de 12:30 a 13:50 h.
- Homenaxe a Xosé Vizoso. Narración oral e ilustración con Polo Correo do Vento.
Xoves 30 de xaneiro ás 18.00 h.
Actividade na que se conta e debuxa a biografía de Xosé Vizoso, autor homenaxeado no Día da Ilustración 2025. Ao remate, os pequenos e pequenas realizan un obradoiro de debuxo sobre este ilustrador.
Idade: de 4 a 12 anos.
Entrada de balde ata completar a capacidade da sala.
- Contacontos sobre o libro ilustrado O cociñeiro Martiño de Iago López e Macus Romero.
Sábado 1 de febreiro ás 12.00 h.
No palacio real andan buscando alguén para traballar nas cociñas. Buscase unha persoa que saiba guisar e asar para reis, raíñas, marquesas, duquesas e príncipes de todas as cores e condicións....
Idade: de 4 a 12 anos.
Inscrición previa o luns anterior á actividade presencial ou no teléfono 886 120 445.