Evento: Zinzindurrunkarratz

  • Zinzindurrunkarratz
Zinzindurrunkarratz
xoves, 27 febreiro, 2025 - 20:30
Filmoteca de Galicia,
A Coruña

Zinzindurrunkarratz

lingua, transhumancia, rural

Cara ao inicio de Zinzindurrunkarratz, Oskar Alegria alude á técnica xaponesa do kintsugi, que remenda pezas de cerámica con ouro, eloxio ás cicatrices do obxecto, para introducir a lóxica que percorrerá este diario filmado que pecha unha triloxía sobre a memoria. Facendo uso dunha vella cámara súper 8 de seu pai que xa non captura audio, recuperará algunhas das escenas da súa infancia e creará outras cun dispositivo que o obriga a producir imaxes xordas, complementándoas cunha gravadora que rexistra sons cegos.

Como a propia memoria, o camiño de Alegria estará cheo de ocos. O transcorrer non é lineal, trázao sen présas o seu burro Paolo, cuxas alforxas cargan estes obxectos de traballo. O itinerario que se propón realizar o cineasta é o da transhumancia que fixeron os seus devanceiros nas montañas de Nafarroa, hoxe parcialmente perdido e difícil de trazar. Hai máis obxectos de fabricación tradicional que o acompañan no seu percorrido, onde ruínas arquitectónicas e paisaxe son tamén esenciais para falar desas crebas da memoria e definir a identidade persoal e colectiva á que o cineasta pertence.

O universo fílmico de Alegria, como en La casa de Emak Bakia (2012) e Zumiriki (2019), comeza e termina alá onde aínda poida escoitarse o éuscaro. Conservador de palabras hoxe case perdidas, aquí invéntase unha composta que define ben a súa viaxe: zinzin é unha brisa lixeira, durrun o que tarda en caer unha pedra por unha sima – dez metros por cada durrun – e karratz fai referencia a un raio que golpea ruxindo unha pena no camiño. Desta forma tan onomatopeica – os ruídos tamén producen imaxes mentais –, Alegria compón un haiku que traslada a súa experiencia a modo de caderno de viaxes poético; un filmado en presente, pero en cuxas imaxes e sons sentimos todo o peso da tradición.

 

Coloquio co director Oskar Alegría, moderado por Andrea Franco.

Máis eventos do ciclo Fóra de serie

Saint Omer. El pueblo contra Laurence Coly
12 de febreiro, 20:30
Filmoteca de Galicia - A Coruña - A Coruña
Objeto de estudio
18 de febreiro, 18:00
Filmoteca de Galicia - A Coruña - A Coruña
Una noche sin saber nada
25 de febreiro, 18:00
Filmoteca de Galicia - A Coruña - A Coruña
Zumiriki
26 de febreiro, 18:00
Filmoteca de Galicia - A Coruña - A Coruña