Evento: Cousas de Castelao
Cousas de Castelao
Celebramos o Ano Castelao cunha divertida versión de Cousas na que están presentes os grandes temas do orixinal; ecoloxía, solidariedade, emigración, xustiza social... O retranqueiro burro dun dos contos, trasunto do propio Castelao, enlaza as escenas entre as que se encontran O pai de Migueliño, A Marquesiña, O escuro caletre de Martiño ou Aínda eu non nascera.
A montaxe transita entre a traxedia, a comedia e a farsa co obxectivo de respectar a lingua, a época e o ambiente do Rianxo natal dun autor cheo de sensibilidade persoal, artística e social. Orjais, responsable do Fondo Local de Música de Rianxo, incorpora un tema de Aida Saco e pezas vinculadas a Castelao coma o “Alalá do mozo”, interpretado na estrea en Bos Aires de Os vellos non deben de namorarse ou unha Muiñeira cantada por Castelao a Jesús Bal y Gay e recollida no seu cancioneiro.
No salón de actos. Para público adulto. A entrada é libre ata completar a capacidade da sala.
Máis eventos do ciclo Día do teatro



