Evento: O traxe novo do rei

O traxe novo do rei
sábado, 29 marzo, 2025 - 12:00
Biblioteca Pública de Santiago Ánxel Casal,
Santiago de Compostela

O traxe novo do rei

Celebramos o Día do Teatro cun espectáculo de monicreques da man de Tarabelos

Celebramos o Día do Teatro co espectáculo de monicreques “O traxe novo do rei” da man de Tarabelos. Un traxe especial, para un rei especial. Aquel traxe novo e máxico prometía ser un capricho inigualable e unha ferramenta perfecta para saber o nivel de intelixencia de calquera habitante da corte. Podería ser certo? Funcionaría? Dalgún xeito si; pero non como el o esperaba. Tarabelos emprega a técnica de narración ilustrada con monicreques de boca, monicreques de mesa e miniaturas.

No salón de actos. Para nenas e nenos de 3 a 8 anos. A entrada é libre ata completar a capacidade da sala.

Máis eventos do ciclo Día do teatro

Tira do fío con Iria Pinheiro
22 de marzo, 17:30
Centro sociocultural das Nogais. Salón de actos. - As Nogais - Lugo
Cousas de Castelao
27 de marzo, 19:00
Biblioteca Pública de Santiago Ánxel Casal - Santiago de Compostela - A Coruña
Celebramos o Día do Teatro
29 de marzo, 12:00
Biblioteca Pública de Ourense - Ourense - Ourense
O teatro na aula: 5 guías, 3 clásicos e un feixe de novas propostas
24 de marzo a 26 de abril
Biblioteca Pública de Santiago Ánxel Casal - Santiago de Compostela - A Coruña