Evento: O teatro na aula: 5 guías, 3 clásicos e un feixe de novas propostas
O teatro na aula: 5 guías, 3 clásicos e un feixe de novas propostas
luns, 24 marzo, 2025 a sábado, 26 abril, 2025
Biblioteca Pública de Santiago Ánxel Casal,
Santiago de Compostela O teatro na aula: 5 guías, 3 clásicos e un feixe de novas propostas
Mostra bibliográfica infantil
Celebramos o Día Internacional do Teatro (27 de marzo) coa mostra bibliográfica infantil "O teatro na aula: 5 guías, 3 clásicos e un feixe de novas propostas". O teatro é unha fonte de valores como o da curiosidade e a indagación que axuda aos estudantes a desenvolver o amor pola aprendizaxe permanente. Pero tamén é unha investigación sobre o que significa ser humano preparando ao alumnado para enfrontarse aos desafíos do mundo real. Preparamos hoxe unha mostra bibliográfica na que combinamos guías para o profesorado cunha serie de novas e vellas propostas para traballar o teatro na escola.
Pode visitarse na Sala infantil durante o horario de apertura da biblioteca
Máis eventos do ciclo Día do teatro

22 de marzo, 17:30
Centro sociocultural das Nogais. Salón de actos. - As Nogais - Lugo

27 de marzo, 19:00
Biblioteca Pública de Santiago Ánxel Casal - Santiago de Compostela - A Coruña

29 de marzo, 12:00
Biblioteca Pública de Santiago Ánxel Casal - Santiago de Compostela - A Coruña

29 de marzo, 12:00
Biblioteca Pública de Ourense - Ourense - Ourense