Evento: Manual para deitarse e durmir

Manual para deitarse e durmir
xoves, 27 marzo, 2025 - 18:00
Biblioteca Pública de Ourense,
Ourense

Manual para deitarse e durmir

Bebeconto con Caxoto

Moi poucos nenos e nenas hai que se vaian para a cama de boa gana.

Normalmente os preliminares a deitarse convértense nun proceso lento e exasperante no que calquera escusa se aproveita para retrasar o temido momento de apagar a luz e durmir. Limpar os dentes, facer pis, poñer o pixama, fantasiar coas sombras da escuridade... convértense cada noite en aventuras que atesourar antes de conciliar o sono.

Duración 40 minutos.

Actividade para bebés de 1 a 3 anos acompañados dunha persoa adulta.

Prazas limitadas. Inscricións dende o venres anterior ás 9 h no 988 78 83 85 / 86. Só se poden reservar 2 prazas por chamada.

 

Máis eventos de tipo Espectáculo

Os nomes íntimos
21 de marzo
Biblioteca Pública de Santiago Ánxel Casal
Chocolate
28 de marzo
Biblioteca Pública de Santiago Ánxel Casal
Luppo
30 de marzo
Pazo da Cultura
A burra, a mesa e o pau
6 de marzo a 20 de abril
Rúa Nova, 34