Evento: Arqueoloxía en Monodose
Arqueoloxía en Monodose
Preestrea de «ANATOMÍA DUN FORNO»: presentación do documental dirixido por Illa Bufarda S. Coop. Galega.
Parladoiro «DESVELANDO AS INCÓGNITAS»: exposición das persoas participantes desvelando a travesía experimental, da mirada particular cara ao forno, e das consecuencias futuras.
Pepa Rey Castiñeiras: profesora titular de Universidade da USC ata a súa xubilación no ano 2022. Formou parte do Grupo de Estudos para a Prehistoria do NO Ibérico. Arqueoloxía, Antigüidade e Territorio (GEPN–AAT); ten dirixido varias teses de doutoramento e é autora de numerosas publicacións.
Andrés Teira Brión: doutor en Arqueoloxía pola USC, actualmente é Research Affiliate na School of Archaeology da University of Oxford e arqueobotánico do Museum of London Archaeology.
Tomás López González: oleiro de Gundivós. Figulus Olería Tradicional.
Estevo Amado Rodríguez: máster en Arqueoloxía pola USC. Grupo de Estudo para a Prehistoria do NW Ibérico (GEPN) do Departamento de Historia da USC.
Fernán López: Técnico Superior en Organización e Xestión de Recursos Naturais e Paisaxísticos e divulgador das landras como acervo cultural.
Illa Bufarda: produtora creativa audiovisual con sé en Santiago de Compostela
As conferencias terán lugar no Centro Cultural Marcos Valcárcel, rúa do Progreso, 30. Ourense
Máis eventos de tipo Xornada/Congreso