Evento: A Banda de Paradela: cumpre 150 anos
A Banda de Paradela: cumpre 150 anos
A Banda de Paradela: cumpre 150 anos
A Biblioteca acolle a exposición itinerante sobre o 150 aniversario da Banda de Música de Paradela, impulsada polo colectivo Egeria.
A mostra, que permanecerá na Biblioteca ata o vindeiro 28 de marzo, consta de 12 paneis con textos e fotos que, a través de información recollida de distintas publicacións, repasa a traxectoria da banda desde a súa formación en 1873 ata o momento actual.
A Banda de Música de Paradela, que leva máis de século e medio de existencia, segue a ser unha das institucións culturais máis queridas e representativas da comarca, e esta mostra ofrece ao visitante a posibilidade de coñecer mellor a súa evolución ao longo dos anos.