Evento: A Banda de Paradela cumpre 150 anos
A Banda de Paradela cumpre 150 anos
A Banda de Paradela celebra os seus primeiros 150 anos con diversos actos e unha exposición itinerante, onde se fai un especial percorrido desde a fundación da Banda, en 1873, ao momento actual.
Desde o seu nacemento como "Banda de Barrido", por xurdir na aldea do mesmo nome, ata a agrupación que na actualidade dirixe Martín Vázquez e preside a saxofonista Marisol Arias. Faise especial fincapé nos músicos históricos que quedaron na memoria das xentes de Paradela, e da especial afección musical dos paradelenses, destacando a aldea de Barrido, onde había músicos en todas as casas.
A exposición é unha produción do Colectivo Egeria en colaboración coa Banda de Paradela, co patrocinio do Concello de Paradela e da Xunta de Galicia.
Inauguración o 28 de marzo ás 12:00 h.