Evento: Arqueoloxía en Monodose

Arqueoloxía en Monodose
luns, 28 abril, 2025 - 19:30
Museo Arqueolóxico Provincial de Ourense,
Ourense

Arqueoloxía en Monodose

Idade Media no Val do alto Támega

Nesta ocasión, dentro do ciclo "Arqueoloxía en monodose", que organiza o Museo, Víctor Rodríguez Muñiz será o relator a cargo de "Idade Media no Val do alto Támega: o exemplo do conxunto arqueolóxico da Ceada das Chás-Castelo de Lobarzán". Situado nun enclave estratéxico para o control dos vales do Búbal e Támega, o que motivou unha importante ocupación humana na Prehistoria recente, este conxunto arqueolóxico, entre os concellos de Oímbra e Monterrei, desvendouse, nas escavacións dirixidas por Beatriz Comendador Rey e Víctor Rodríguez Muñiz, como un enclave fundamental para coñecer a historia medieval da comarca.

O xacemento sitúase no Monte do Castelo, que constitúe unha divisoria natural entre a meseta e os vales do río Támega, entre as parroquias de Santa María das Chás (Oímbra) e San Salvador de Vilaza (Monterrei).

Víctor Rodríguez Muñiz é doutor en Historia Medieval pola UVIGO, e profesor contratado de Historia Medieval da UVIGO.

As conferencias terán lugar no Centro Cultural Marcos Valcárcel, rúa do Progreso, 30. Ourense

Máis eventos de tipo Xornada/Congreso

Os temas da arte: Tirando do fío
2 de abril a 28 de maio
Museo de Belas Artes
Peza do mes: Máscara funeraria do padre Feijóo
1 de abril a 30 de abril
Museo Arqueolóxico Provincial de Ourense
Charla e presentación do cómic "Gloria"
9 de maio
Biblioteca Pública de Santiago Ánxel Casal
Tradición oral recuperada das tebras. Son contos... ou Historia?
14 de maio
Biblioteca Pública da Coruña Miguel González Garcés