Evento: Obradoiro de cerámica castrexa
Obradoiro de cerámica castrexa
Obradoiro de cerámica castrexa
Primeiro dos obradoiros para adultos do ano 2025 en Viladonga
Un ano máis, o Museo do Castro de Viladonga acolle un obradoiro de cerámica castrexa. Un obradoiro dirixido ao público adulto con ganas de aprender a facer cerámica ao xeito dos habitantes dos castros, coa técnica do rolo. Faise todo o proceso de elaboración, polo que tras o aprendizaxe, o deseño e a feitura o 3 de maio (en dúas quendas), farase tamén a cocción en forno aberto o 31 de maio.
Na inscrición terán preferencia as persoas que non se apuntaran en edicións anteriores. Esta inscrición é telefónica, no 982 870 160.
Sábado 3 de maio: de 11:00h a 14:00h e de 16:00h a 18:00h
Sábado 31 de maio: de 11:00h a 15:00h
Outras datas
- Eve: Data e hora:Eve: Lugar:Museo do Castro de Viladonga