Evento: Pescando xenes: conferencia de Ángel Carracedo

  • cartel do evento
Pescando xenes: conferencia de Ángel Carracedo
venres, 27 novembro, 2015 - 18:00
Biblioteca Pública da Coruña Miguel González Garcés,
A Coruña

Pescando xenes: conferencia de Ángel Carracedo

Conferencia divulgativa sobre xenética a cargo deste catedrático de medicina legal e experto internacional nesa materia

Ángel Carracedo, un dos científicos galegos de maior proxección internacional, é catedrático de Medicina Legal da Universidade de Santiago de Compostela, director da Fundación Pública Galega de Medicina Xenómica e do nodo principal do Centro Nacional de Xenotipado. Foi un gran impulsor da xenómica clínica e un pioneiro na aplicación das análises xenéticas en medicina forense.

Como referente internacional en xenética forense, xenómica comparada e neuroxenética, recibiu diversos galardóns, entre os que destacan o Premio Nacional de Xenética 2015 na categoría Investigación en aplicacións da Xenética, o Premio Rei Jaime I ou a Medalla Galien.  A conferencia Pescando xenes está enmarcada dentro das actividades da celebración do mes de novembro como Mes da ciencia en galego nas bibliotecas. O Dr. Carracedo é o autor do Manifesto do ano pasado. Coñecido investigador e divulgador científico, Ángel Carracedo ten colaborado coas bibliotecas, tanto públicas como escolares, na difusión dos valores científicos e do acceso ao coñecemento. 

Máis eventos de tipo Xornada/Congreso

MEMORIA DEMOCRÁTICA, FEMINISTA, LABORAL. Xornadas
12 de marzo a 10 de abril
Centro Galego de Arte Contemporánea
Actividades de inverno
10 de decembro a 28 de febreiro
Museo Provincial de Pontevedra
CULTUREARTE
11 de febreiro
Colexio Maior Arosa