Evento: A viaxe de Rosalía

  • Cartel do espectáculo
A viaxe de Rosalía
sábado, 16 abril, 2016 - 17:30
Casa da Cultura de Burela,
Burela

A viaxe de Rosalía

Espectáculo teatral coa compañía Títeres Babaluva

A protagonista desta produción é Rosalía de Castro. 
 
Utilizando monicreques de mesa e as ferramentas da narración oral tradicionais, danse a coñecer pasaxes da vida e algúns dos poemas de Rosalía, da man da actriz e titiriteira Larraitz Urruzola.

Xogando a crear atmósferas poéticas, situacións que xorden da transformación dos obxectos e espazos, contribuíndo a iniciarse no mundo da poesía, dos contos e do teatro a través da inventiva, da creación efémera e espontánea.

Máis eventos de tipo Espectáculo

Mans
19 de abril
Biblioteca Pública de Santiago Ánxel Casal
Contando números, cantando cores
26 de abril
Biblioteca Pública de Santiago Ánxel Casal
Caderno de cores e cancións
9 de maio
Biblioteca Pública da Coruña Miguel González Garcés
A burra, a mesa e o pau
6 de marzo a 20 de abril
Rúa Nova, 34