Evento: A maruxaina e outras sereas

  • Maruxaina
A maruxaina e outras sereas
martes, 24 novembro, 2015 a luns, 29 febreiro, 2016
Pazo de Tor,
Monforte de Lemos

A maruxaina e outras sereas

Esculturas de Otero Regal e textos de Pablo Mosquera e Paco Rivas

Desde o punto de vista cultural estamos ante unha vella tradición entre as xentes que viven pendentes do Océano. Desde o punto de vista popular, estamos ante unha festa de enorme concurrencia en pleno verán da Mariña.
Pero hai máis. É a eterna dualidade entre o ben e o mal, o xuízo popular ante unha lenda que fala da conduta dunha serea coas xentes que viven do mar; ata con xuízo na noite de agosto, diante do pobo.
As cartas mariñas sempre indicaron a presenza das illas que deron lugar a San Cibrao, e nesas illas, entre aves mariñas, acantilados capaces de dar ao traste cos buques, vive unha muller que pode ser causa de medo ou de ledicia.
Na cova de Xan Bello, e tal como a describiu Luis Seranee en 1948, desde o seu exilio de Bos Aires, esa estraña criatura co seu candil, oculta pero facendo sentir a súa presenza, convértese nun mito que se transmite oralmente, de xeración en xeración.
É a feiticeira dunha Galicia medoñenta do alén, das profundidades e das galernas, que sabe dos cambios de carácter, do vento e do mar.

Máis eventos de tipo Exposición

XVIII Premio de Novela Casino de Santiago
2 de xullo a 30 de abril
Biblioteca Pública de Santiago Ánxel Casal
Mandala (Arc en ciel)
18 de outubro a 7 de setembro
Rúa de Ramón del Valle-Inclán, 5
Do soño á apocalipse. Os vieiros da literatura fantástica en galego
31 de outubro a 18 de maio
Lugar de la Ciudad de la Cultura