Evento: Cabaret Infantil Prodixio
Cabaret Infantil Prodixio
venres, 9 setembro, 2016 - 18:30
Biblioteca Pública Municipal José Saramago de Conxo,
Santiago de Compostela Cabaret Infantil Prodixio
Espectáculo musical de Iriña Piñeiro
As irmáns prodixio viaxan polo mundo desde que son pequenas cunha chea de maletas e curiosos obxectos que agochan as máis peculiares e divertidas historias. Son moitas as nenas e nenos que tiveron a sorte de coñecelas por todas partes, pero...só hai un detalle...nunca ninguén as viu xuntas nunha mesma habitación...
Que curiosos poderes agochan As Irmáns Prodixio?
Actividade de Ler conta moito, da Rede de Bibliotecas de Galicia.
Ligazóns