Evento: Contos vellos para rapaces novos

  • Contos vellos para rapaces novos. Detalle do cartel
Contos vellos para rapaces novos
venres, 26 agosto, 2016 - 12:30
Praza do Curro,
Noia

Contos vellos para rapaces novos

Contos de Xosé Neira Vilas

Galicia Culturea réndelle homenaxe a Xosé Neir Vilas para achegarlle a público xeral e, nomeadamente, á cativada dos 5 aos 10 anos, unha manchea de historias que recrean mostras da narrativa tradiconal de comunidades dos cinco continentes, dende a Europa albanesa ou ucraína até as afastadas terras de Nova Zelandia ou Australia.

A actividade chegará este verán a 24 entidades da Rede de Dinamización Lingüística. Os asistentes terán ocasión de facerse cun exemplar do fermoso libro homónimo editado en gran formato por Bolanda Edicións con ilustracións de Antía Barba.

Galicia Culturea é unha programación da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria da Xunta de Galicia para a dinamización cultural do verán en distintos concellos de Galicia

Localizacións en caso de choiva:

28 de xullo, 19:30. Mondoñedo. Praza do Concello (en caso de choiva, na Casa da Xuventude)

29 de xullo, 18:00. Quintela de Leirado. Piscinas municipais (en caso de choiva, no Local Social)

30 de xullo, 12:00. Burela. Praza do Concello (en caso de choiva, na Casa da Cultura)

4 de agosto, 12:30. Boqueixón. Piscina municipal (en caso de choiva, no ximnasio municipal)

6 de agosto, 20:30. Muxía. Praza Cabo da Vila (en caso de choiva, no Salón de Actos do Voluntariado)

7 de agosto, 19:00. Marín. Alameda municipal Rosalía de Castro (en caso de choiva, no Multiúsos da Praza de Abastos

9 de agosto, 12:00. Valga. Parque dos Irmáns Mosquera (en caso de choiva, na Casa da Cultura)

12 de agosto, 12:00. Abegondo. Campo da feira (en caso de choiva, no CEIP San Marcos)

14 de agosto, 20:00. A Laracha. Explanada da biblioteca (en caso de choiva, na Casa da Cultura)

17 de agosto, 19:00 . Triacastela. Praza da Igrexa (en caso de choiva, nos locais da Casa do Concello)

19 de agosto, 20:00. Vedra. Campo da festa (en caso de choiva, no Centro Sociocultural)

20 de agosto, 11:30.  Cee. Praza do 8 de Marzo (en caso de choiva, no Auditorio Baldomero Cores)

21 de agosto, 16:00 Ponteceso. Xuncal Pequeno (en caso de choiva, na Casa dos Veciños)

23 de agosto, 18:30 Cartelle. Praza do Concello (en caso de choiva, no Auditorio Municipal)

25 de agosto, 12:00 Pontecesures. Plazuela (en caso de choiva, no Centro Social)

25 de agosto, 20:00 Ourense. Praza de San Martiño (en caso de choiva, no Liceo de Ourense)

26 de agosto, 12:30 Noia. Praza do Curro (en caso de choiva, no Teatro Coliseo Noela)

26 de agosto, 20:00 Ames. Praia Fluvial de Tapia (en caso de choiva, na Casa da Cultura de Milladoiro)

27 de agosto, 12:00 Cabana de Bergantiños Praza do Concello (en caso de choiva, Biblioteca Municipal)

31 de agosto, 11:00 Ordes. Alameda (en caso de choiva, na Casa da Cultura)

 

 

  •  

Máis eventos de tipo Espectáculo

Mans
19 de abril
Biblioteca Pública de Santiago Ánxel Casal
Contando números, cantando cores
26 de abril
Biblioteca Pública de Santiago Ánxel Casal
Caderno de cores e cancións
9 de maio
Biblioteca Pública da Coruña Miguel González Garcés
A burra, a mesa e o pau
6 de marzo a 20 de abril
Rúa Nova, 34