Evento: Raíces Aéreas

Raíces Aéreas
xoves, 27 outubro, 2016 - 20:30
Teatro Principal de Santiago de Compostela,
Santiago de Compostela

Raíces Aéreas

Novo proxecto de Mónica Nut co arpista Luís Martíns

Mónica de Nut, voz, e Luís Martíns, arpas celtas acústica e eléctrica, presentan o seu novo disco Raíces aéreas, coa colaboración de Isabel Sanchez e Leodán Rodríguez na danza.

O elemento inspirador son as gravacións de recollida de campo en Galicia, cantos de mulleres que transmiten toda a forza ancestral. Cantos crus, vitais e poderosos, conéctannos á raíz de saber de onde vimos e cal é a nosa esencia. Enormemente agradecidas por este manantial, e con moitísimo respecto, recrean esa herdanza aportando as súas ás mediante a voz e a arpa.

Máis eventos de tipo Espectáculo

Nada se sabe
14 de marzo
Auditorio Municipal Gustavo Freire
Luppo
30 de marzo
Pazo da Cultura
Biblioteatro 4 a 6 anos
7 de decembro a 28 de xuño
Biblioteca Pública de Pontevedra Antonio Odriozola
Biblioteatro 7 a 10 anos
7 de decembro a 28 de xuño
Biblioteca Pública de Pontevedra Antonio Odriozola