Evento: Que é iso das invasións biolóxicas?

  • Foto plantas
Que é iso das invasións biolóxicas?
sábado, 19 novembro, 2016 - 17:00
Biblioteca de Galicia,
Santiago de Compostela

Que é iso das invasións biolóxicas?

Obradoiros divulgativos

Cando escoitamos nos medios de comunicación información referente ás “invasións biolóxicas”, a nosa imaxinación trasládanos a un campo de batalla no que hordas de enfurecidos guerreiros veñen a invadir a nosa tranquilidade. Con todo, poucos son conscientes de que as plantas e animais que se converten en invasoras, foron sacadas dos seus ecosistemas polo home, e a súa “proeza” é ter conseguido adaptarse ao novo ambiente hostil no que lles tocou vivir. Da man dun equipo de científicos especializados no estudo das causas e as consecuencias das invasións biolóxicas e uns artistas gráficos preparados para transformar esta información en imaxes, poderás aprender un pouco máis acerca deste fenómeno biolóxico que, desgraciadamente, hoxe en día converteuse en habitual e constitúe unha das principais causas da perda da biodiversidade en todo o planeta. Despois de aprender un pouco máis sobre este fenómeno, utilizaremos a túa creatividade e imaxinación para transmitir a mensaxe de alerta a todo o planeta.

Duración: 2:30h

Lugar: Biblioteca de Galicia

Público: de 8 a 14 anos

Nº de prazas: 45

De balde, precisa Inscrición no web

Actividade dentro da programación do Mes da Ciencia.

Máis eventos de tipo Obradoiro

Iniciación á escritura creativa
15 de xaneiro a 25 de xuño
Biblioteca Pública da Coruña Miguel González Garcés
O xogo da estampa
28 de marzo a 26 de abril
Museo de Belas Artes
Os misterios da biblioteca
22 de abril
CPI Laureano Prieto
Masterclass de cómic autobiográfico
22 de abril
Biblioteca Pública de Santiago Ánxel Casal